Vedra 14/03/2020

CANCELADO

POR CORONAVÍRUS 

COMUNICADO  27 DE MARZO DE 2020

Vista a evolución e o incerto horizonte xerado pola pandemia do coronavirus COVID 19, a organización do Ocean Lava Galicia Dúatlon Concello de Vedra toma a dolorosa decisión de cancelar a edición 2020.

Esta é unha resolución moi difícil en primeiro lugar para a organización, que sufriu  a suspensión a menos de 72 horas da proba coa meirande parte da loxística da mesma en marcha e habendo acometido gastos xa irrecuperables, pero tamén supón un contratempo para clubes, deportistas, colaboradores... Non obstante cando o que está en xogo é a saúde todo o demais pasa a segundo plano.

Sendo realistas e vendo que dous meses e medio do calendario nacional xa foron suspendidos non queda outra que aceptar que neste 2020 non vai haber espazo para ubicar a proba no calendario. Así pois, damos instrucións a Fegatri para que o antes posible reintegre as inscricións os distintos clubes.

Na actual tesitura, que se cancelen unha ou mil probas ou que haxa perdas económicas é insignificante. O importante é vencer a esta maldita pandemia. Esa, na medida do posible de cada un, debe ser a nosa gran prioridade agora. Dende aquí toda a nosa forza para aquelas persoas enfermas que loitan por superar a enfermidade e todos cantos traballan para derrotar a pandemia e manternos a flote nestes días complicados. As nosas condolencias e agarimos tamén para aqueles que perderon e perderán seres queridos.

Agardamos poder voltar en 2021 que ogallá sexa a primeira edición despois de gañarlle a guerra ao virus.

Sairemos desta. Cóidense moito!

Kenneth Gasque Island Sport Events, SL, o Concello de Vedra e o Club Olímpico Vedra organizan en 2020 a cuarta edición da competición Ocean Lava Galicia Concello de Vedra.

Despois de dúas edicións en 2017 e 2018 de Ocean Lava Galicia, no tríatlon de media distancia e distancia olímpica celebrado en Cambados, Vilanova de Arousa e Illa de Arousa e unha edición en 2019 no evento de duatlón por equipos celebrado en Vedra, herdando o legado. do Vedra Duathlon, que se realizou 5 veces con anterioridade, neste 2020 busca consolidarse e seguir crecendo dentro do mesmo marco e modalidade.

O 14 de marzo de 2020, co precedente de 2019 onde estiveron presentes 105 equipos e case 600 deportistas, terá lugar o Duathlon Ocean Lava Galicia que tamén será por sexto ano consecutivo o campionato galego da modalidade.

Ocean Lava Galicia consolídase así dentro do Planeta Ocean Lava como o único evento da Península Ibérica dunha serie con eventos ademais de España, Bélxica, Chipre, Eslovenia, Grecia, Malta, Montenegro, Polonia, Italia, Turquía, Croacia e Sudáfrica

Kenneth Gasque

fundador de Ocean Lava planet Series

Pai e director de carreira do mítico Ironman de Lanzarote, dende o seu inicio en 1992 ata 2018, Kenneth Gasque é unha figura emblemática dentro do tríatlon.

En 1983 chega a Lanzarote tras servir como Sarxento Maior na Garda Real Danesa, para traballar no Club La Santa e en 1985 convértese no primeiro danés en competir nos Campionatos Mundiais de Ironman en Hawaii, evento no que repetiría en 1987, 1989 y 2005. Ese mesmo ano no que participou no seu primeiro Ironman de Hawaii, organizou xa como director deportivo do Club La Santa, o primeiro tríatlon internacional sobre chan español, o Tríatlon Volcano.

Kenneth despois de converterse nun dos máis experimentados e carismáticos organizadores de eventos deportivos en España e no mundo e recibir numerosos premios e recoñecementos polo seu gran traballo, fai en 2010 realidade un soño longamente desexado ao organizar o primeiro Ocean Lava Tríatlon en Lanzarote.

Posteriormente, co desexo de ofrecer aos atletas e organizadores de eventos unha alternativa familiar e xusta aos eventos de triatlón existentes crea Ocean Lava Planet Series. Paseniñamente, a sua idea de organizar eventos de triatlón en pequenos pero emblemáticos lugares de todo o mundo e realizar unha final anual na illa de Lanzarote, foi tomando forma ata que se converte nunha realidade en 2018.

  

Condecorado como membro do Hall da Fama de Ironman en Hawaii e co premio Isla de Lanzarote polo Cabildo Insular pola súa traxectoria e contribución ao desenrolo da illa, o que foi ata 2018 director do Club La Santa, está dende entón centrado no desenvolvemento de Ocean Lava Planet.

© OCEAN LAVA GALICIA - CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. Vedra s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email info@oceanlavagalicia.com