Vedra 14/03/2020

CANCELADO

POR CORONAVÍRUS 

COMUNICADO  27 DE MARZO DE 2020

Vista a evolución e o incerto horizonte xerado pola pandemia do coronavirus COVID 19, a organización do Ocean Lava Galicia Dúatlon Concello de Vedra toma a dolorosa decisión de cancelar a edición 2020.

Esta é unha resolución moi difícil en primeiro lugar para a organización, que sufriu  a suspensión a menos de 72 horas da proba coa meirande parte da loxística da mesma en marcha e habendo acometido gastos xa irrecuperables, pero tamén supón un contratempo para clubes, deportistas, colaboradores... Non obstante cando o que está en xogo é a saúde todo o demais pasa a segundo plano.

Sendo realistas e vendo que dous meses e medio do calendario nacional xa foron suspendidos non queda outra que aceptar que neste 2020 non vai haber espazo para ubicar a proba no calendario. Así pois, damos instrucións a Fegatri para que o antes posible reintegre as inscricións os distintos clubes.

Na actual tesitura, que se cancelen unha ou mil probas ou que haxa perdas económicas é insignificante. O importante é vencer a esta maldita pandemia. Esa, na medida do posible de cada un, debe ser a nosa gran prioridade agora. Dende aquí toda a nosa forza para aquelas persoas enfermas que loitan por superar a enfermidade e todos cantos traballan para derrotar a pandemia e manternos a flote nestes días complicados. As nosas condolencias e agarimos tamén para aqueles que perderon e perderán seres queridos.

Agardamos poder voltar en 2021 que ogallá sexa a primeira edición despois de gañarlle a guerra ao virus.

Sairemos desta. Cóidense moito!

© OCEAN LAVA GALICIA - CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. Vedra s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email info@oceanlavagalicia.com