INSCRICIÓN DE EQUIPOS:​

Dende as 10:00 do DOMINGO 12 de xaneiro de 2020 ata as 23:59 do mércores 26 de febreiro de 2019 ou completar inscrición.

INSCRICIÓN DEPORTISTAS DOS EQUIPOS

Dende as o DOMINGO 12 de xaneiro de 2020 de 2020 ata as 23:59 do MARTES 10 de marzo de 2019 (deportistas non federados e con licenza dotro pais aboarán licencia de 1 día*)

​ *PARTICIPANTES CON LICENZA DOUTRO PAIS: Deberán enviar antes do peche de inscripcións (23:59 do martes 10 de marzo de 2019) ao correo fegatri@hotmail.com  certificado da súa federación de estar en posesión de licenza polo club correspondente,  con cobertura de seguro deportivo internacional na proba de referencia. Unha vez presentada e validada a certificación, realizaráse a devolución do importe da cuota de licenza de 1 día,  na mesma conta de pago a través do TPV.  En caso de non realizar este trámite o equipo competirá na proba de promoción.

120 equipos en total

(sen contar equipos de campionato galego)

  • As prazas concederanse por orden de inscrición, sen importar a categoría (masculina ou feminina) nin a cantidade de equipos que inscriba cada club.

  • Completada abrirase a lista de espera. 

No campionato galego non haberá límite.

OCEAN LAVA GALICIA DUATLÓN POR EQUIPOS 2019:

  • Clubes con licencia galega, española ou extranxeira.

  • Máximo un equipo masculino e un equipo feminino por club.

  • Equipos entre 4 e 6 deportistas do mesmo sexo, e obviamente do mesmo club.

  • Poderán combinarse dentro do mesmo equipo deportistas de distintas categorías de idade de cadete en adiante.

  • Os equipos irán uniformados do mesmo modo, seguindo a normativa FETRI.

 

EQUIPOS CON LICENZA AUTONÓMICA GALEGA:

Puntuarán ademais para o Campionato Galego de Duatlón por Equipos.

OCEAN LAVA GALICIA DUATLÓN POR EQUIPOS OPEN 2019

  • Clubes con licencia galega, española o extranxeira.

  • Cantos equipos por club se desexe (A,B,C), ata completar inscrición.

  • Equipos entre 4 e 6 deportistas do mesmo sexo, e obviamente do mesmo club.

  • Poderán combinarse dentro do mesmo equipo deportistas de distintas categorías de idade de cadete en adiante.

  • Os equipos irán uniformados do mesmo modo, seguindo a normativa FETRI.

 

OCEAN LAVA GALICIA DUATLÓN POR EQUIPOS PROMOCIÓN 2019

  • Equipos compostos por deportistas sen licencia federativa ou federados independentes ou membros de clubes que non logren agrupar a 4 compoñentes (neste último caso nunca se certificará o resultado para o club).

  • Os compoñentes deberán adquirir licenza de un día. Coste de 12 € (provisional).

  • Cada equipo tenrá entre 4 e 6 deportistas do mesmo sexo.

  • Poderán combinarse dentro do mesmo equipo deportistas de distintas categorías de idade de cadete en adiante.

  • Os equipos, na medida do posible, iran uniformados do mesmo modo.

MODALIDADE:                            

A proba disputarase sobre a modalidade de duatlón contrarreloxo por equipos. Equipos de 4 a 6 compoñentes, rexíndose  polo regulamento de competicions da Federación Española de triatlón para este tipo de probas.

 

DISTANCIA

Disputaranse sobre distancia sprint

(5 km carreira - 20 km ciclismo - 2,5 km carreira).

SAIDAS DOS EQUIPOS

Os equipos sairán cada minuto.

© OCEAN LAVA GALICIA - CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. Vedra s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email info@oceanlavagalicia.com